Tuesday 14 de May de 2024

O concello destina 100.000 euros a mellorar a pavimentación en 19 viais do municipio


O Concello de Riveira aprobou a apertura do expediente de contratación dunha actuación múltiple destinada á mellora do pavimento en 19 viais ou tramos de vial do municipio.

O proxecto técnico elaborado contempla un orzamento de licitación de 99.999,99 euros, IVE incluído, e o prazo de execución son tres meses.

O obxecto que se persegue con esta iniciativa reside en mellorar o firme actual con reposición ou novas pavimentacións asfálticas de aglomerado en quente nas zonas da actuación, incluíndo a limpeza de márxenes, acondicionamento da superficie a pavimentar (incluíndo rasanteo, nivelación e compactación), aplicación dunha capa de zahorra artificial, outra de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor e recrecido de tapas e acondicionamento.

Os puntos concretos obxecto da actuación están localizados en:
1. rúa Agustín Fernández Oujo,
2. zanxa na avenida da Coruña,
3. camiño en Monte do Castelo,
4. camiño nos Areeiros,
5. camiño transversal á rúa Sidreiras,
6. zona de aparcamento fronte ao edificio Miradoiro de Padín,
7. camiño en Campelos,
8. camiño en Figueirido,
9. camiño en Fonterramil,
10. camiño de Fafián a Sarreiras,
11. camiño en Campo da Agra,
12. camiño transversal á rúa da Fonte,
13. camiño en Brañal,
14. entorno do campo de fútbol de Oleiros,
15. entorno do complexo da Fieiteira,
16. camiño na Mámoa,
17. vía transversal á avenida da Paz,
18. camiño en Cabasas e
19. camiño en Bretal.